Observaciones |
|
|
Este obradoiro organizado dende a Concellería de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa empresa Xeneme, preséntase coma unha necesaria e interesante alternativa para a adquisición de novas fórmulas que axuden ás entidades sociais a superar a crise, coñecementos en materia de innovación tecnolóxica, e novos posibles proxectos a abordar adaptados ás necesidades destes colectivos. Este curso atópase dentro do programa de actividades previas á Festa da Solidariedade.
Obxectivos Analizar as circunstancias e impacto da actual crise sobre as entidades e Políticas Sociais. Analizar novas ferramentas para a dirección de proxectos sociais. Propoñer a incorporación de novas disciplinas á xestión de proxectos sociais.
Contidos Consecuencias da actual crise sobre os proxectos sociais. Tendencias para a innovación social. Formulas para incrementar o valor e impacto dos proxectos. Deseño de proxectos eficaces. Software de xestión de proxectos. Como usar a Web 2.0.
Metodoloxías Partirase da creación dun grupo de discusión para abordar os diferentes contidos desde a praxe diaria. As presentación de contidos faranse en modo 10/20/30. Combinarase coas mesas redondas onde as entidades sociais de Vilagarcía amosarán o seu traballo.
Destinatarios/as Profesionais da área social, que desenvolvan o seu traballo en entidades públicas ou privadas, con capacidade de xerar e introducir cambios na organización. Persoas desempregadas con experiencia e formación na área social. O número máximo de participantes no curso é de trinta persoas previa inscrición. O prazo para anotarse xa pechou o 21 de setembro.
Horarios Mércores 22, de 16 a 19. Conferencia de 19 a 21. Xoves 23, de 16 a 19. Mesa redonda de 19 a 21. Venres 24, de 10 a 14, e de 16 a 19. Mesa redonda de 19 a 21.
|