Observaciones |
|
|
Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola de Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a primeira orquestra estable de Europa con repertorio folk: unha formación de corenta músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas. Sondeseu ten en Rodrigo Romaní ao seu director executivo. Fundador e ex-compoñente de Milladoiro, co que publicou dezaseis discos aos que hai que unir tres en solitario, Romaní foi fundador e director da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia e produtor de Susana Seivane e Treixadura. |