Observaciones |
|
|
A cantante holandesa Hille Bemelmans, coñecida no panorama musical mundial por ter compartido escenario con artistas como Mike Olfield, Sting e Jose Cooker, entre outros pon a voz aos "Mystics Dreams" do tributo a Enya".
O espectáculo que está xirando por toda España cunha excelente acollida por parte de crítica e público, promete sorprender xa que, ademais de contar coa mellor mostra da música New Age que aportan os temas de Enya, a escenografía traslada ao espectador a un mundo máxico, cheo de misticismo do que poderá gozar cos cinco sentidos grazas aos sorprendentes decorados, os xogos de luces e as proxeccións audiovisuais.
O espectáculo “Mystic Dreams” supón unha oportunidade única para que os vilagarciáns e os veciños da provincia poidan gozar da característica música de Enya, xa que a cantante irlandesa non realiza concertos. A excelencia do espectáculo conta co aval da calidade da cantante que pon a voz aos temas de Enya e ao destacable elenco de músicos internacionais que compoñen a banda, entre eles o percusionista Trevor Murrell, que tocou con George Michael, Mike Olfield, Sade e Simple Minds entre outros. A banda conta con piano, teclados, guitarras, percusión, baixo, violín, gaita e voces. |