12:30 – Rúas da cidade Festaclown – Superroquiños Espectáculo: Animacreques Compañía: Catropés En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, xorde esta proposta de animación e intervención na rúa. Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.
13:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Malveiras
19:30 – Praza da II República Festaclown - 1ª Sesión Espectáculo: Ikigai Compañía: Su. Ma Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía. Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das interpretes co espectador.
20:30 - Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Os Xirifeiros
22:00 – Praza da II República Festaclown - 2ª Sesión Espectáculo: Ikigai Compañía: Su. Ma + info e reserva de entradas en http://www.festaclown.gal
23:00 – Parque da Xunqueira CONCERTO Son da Casa Nacho Pérez Quinteto (formación de jazz)
O multiinstrumentista vilagarcián presenta o seu próximo disco coa súa nova banda formada por varios dos mellores músicos da escena nacional como Pablo Castaño (Santiago/New York) no saxo alto e soprano, Wilfried Wilde (Francia/Bueu) na guitarra, por unha sección rítmica orgánica e consistente con Pablo Patiño (Vilagarcía/Lisboa) no contrabaixo e Ana Sanabria (Santiago D. C.) na batería.
Unha música chea de vida e inquietude onde conviven a frescura da modernidade e o peso da tradición, con influencias de todo tipo que sen dúbida ofrecerá aos espectadores unha experiencia moi gratificante.
24:00 – Praias da Concha-Compostela / Carril / Vilaxoán Espectáculo Pirotécnico Sicronizado San Roque Fogos en altura simultáneos dende 3 puntos da costa vilagarciá para ver dende a distancia con seguridade.
Prégase non acudir as praias. Espectáculo retransmitido vía streaming na web de facebook e na canle Youtube do Concello de Vilagarcía de Arousa.
[Patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra].