|Retirada de Invitacións no Servizo de Protocolo do Concello a partir do xoves 13 de marzo
Observaciones
|
Mine Kawakami, a pianista xaponesa de recoñecido prestixio internacional deleitará aos vilagarciáns coa súa Sonata Samurài, unha composición propia que estreou en España o pasado mes de xuño cun concerto no Teatro Real de Madrid ao que asistiron os príncipes de Asturias e o príncipe herdeiro de Xapón Naruhito.
Todo un luxo do que poderán gozar os vilagarciáns de xeito gratuíto e de forma moi exclusiva grazas á programación da Exposición Internacional da Camelia que organiza concertos de Kawakami nas tres cidades que coorganizan o certame: Vilagarcía, Vigo e Pontevedra.