Observaciones |
|
|
A compañía Ubú Teatro representa "Leonardo e os fontaneiros", unha obra narrada polo protagonista, Antón, que xunto con Begoña, unha compañeira de clase, lembran xa de maiores as aventuras acontecidas no seu último ano de colexio. Tentando respectar o espírito do orixinal, esta nova adaptación teatral conduciranos ao universo do Antón de María Victoria Moreno a través de flashbacks.
A narración oral, a dramatización e o teatro de sombras con siluetas serán algunhas das diferentes técnicas espectaculares que se empregarán para levar a cabo a posta en escena, sempre deixando lugar á improvisación e á interacción co público.
Dirixida ós alumnos de centros de ensino de Vilagarcía. |