|
O Combate Naval é un espectáculo pirotécnico único en Galicia. Celebrado por primeira vez no ano 1866, conmemora o famoso asedio da flota española dirixida por Méndez Núñez contra o porto peruano do Callao o 2 de maio dese mesmo ano. 158 anos despois, a tradición segue viva e incorporando novidades, como as que se poderán ver este ano e que serán unha sorpresa para os millerios de persoas que acuden a ver este gran espectáculo pirotécnico de luz e cor.
Patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.