Observaciones |
|
|
O último que apague a luz é un espectáculo de acrobacias e humor para todos os públicos da compañía A Vela Circo.
Dende o humor e o circo, este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar? Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta ou comerán o ramo?A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis esmendrellantes que poidas imaxinar. Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento olímpico do ramo. Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo. |