Observaciones |
|
|
NA PRAZA DA II REPÚBLICA
COMPAÑÍA ORAIN BI
"Mute" é unha proposta de acrobacias e equilibrios que conta co seu palmarés co Premio Umore Azoka 2022 ao mellor espectáculo de rúa de Euskadi.
"Mute" é a terceira persoa do singular do imperativo do verbo MUTAR: cambiar o aspecto, a natureza, o estado, etc. dunha persoa, un animal ou unha cousa. “... E un día, o pasado volveu ás nosas vidas e fíxonos reencontrarnos con todo aquilo que sentimos noso. Volvemos a vernos no noso teatro, todo cuberto polo po que delataba o paso dos anos, e mentres reviviamos os nosos números de circo transformados a esta nova vida, produciuse a maxia de sentir que nós mutabamos ao unísono!” A mutación é unha constante. Que non só muten os bichos. Mutemos as estruturas e tamén nós, as persoas, para seguir avanzando, para chegar máis lonxe, máis alto: o aínda máis difícil!!
|