Observaciones |
|
|
"Máis Saaabor!" é a proposta cómica de Culturactiva en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. Un espectáculo que mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e participación do público. Máis Saaabor! é máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!
O food truck de Máis Saaabor! chega á vila, un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos, xogos máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e ganas de repetir.
Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, á alimentación saudable e ao consumo de produtos de proximidade entre o público galego. |