Observaciones |
|
|
A compañía Áncora Producións presenta "Snaquizados. Comedia da fin do mundo", unha obra de teatro escrita e interpretada por Gustavo Pernas e que dirixe a vilagarciana Ánxela García Bravo.
"Snaquizados" é a terceira parte da triloxía TRES LOGOMONOS, escrita por Gustavo Pernas Cora. A obra conta en clave de humor como despois do día da gran deflagración, da fin do mundo, só quedan anacos. Anacos de distintos seres, anacos de memoria do que fomos, refugallos industriais e domésticos, imaxes rotas, conversas interrompidas, interferencias, enerxías cruzadas...Cómo recompoñer o que destruímos? O protagonista da obra, "Magma", teima en parir un novo ser, un monstro reciclado, animal, vexetal, metal...? A criatura incúbase a un ritmo trepidante... lota por ser ou non ser nun diálogo delirante con nai Terra. |