Observaciones |
|
|
OS FABULOSOS CLEANERS é un espectáculo de burbullas de xabón para todos os públicos. Unha experiencia visual para participar toda a familia. Un espectáculo creado por Luis Beviá que percorreu medio mundo (Londres, Hong-Kong, México, Colombia, Perú, Cuba, Grecia ou Islandia, entre outros)
Sinopse:
Dous expertos operarios da limpeza, descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, convinadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.
O espectador camiñará da man destes personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor, e verase sorprendido dentro dun patio de butacas repleto de miles de pompas de xabón. |