|
A Asociación Arousa en Bici e a Concellería de Mobilidade do Concello organizan unha nova edición do Paseo Nocturno en Bici. POderán participar persoas sen límite de idades que leven a súa bici ou utilicen algunha do VaiBike. Comeza ás 22:30 horas no cavadelo e o paseo será un circuíto que achegará aos participantes a Vilaxoán e Carril para remtar no punto de inicio. A concellería de Mobilidade regalará petos reflectantes a todos os participantes antes da saída e Arousa en Bici sorteará accesorios e tickets de xelados para os nenos ao remate da marcha.