Maxia e humor é un espectáculo de estrea en galicia que protagoniza Miguel de Lucas, Premio Nacional de Maxia e presentador do programa de La 2 de TVE “Un país mágico”. Nos seus espectáculos poderás gozar dunha gran dose de humor e participación, tendo sempre en conta o espectador como foco de toda a atención. Ademais, os efectos de maxia proxectan sempre unha coidada presentación para xerar situacións difíciles de esquecer.