|
Antonio Hens desenvolve o seu talento co trap. O seu nome empezou a sobresaír ao comezo da corentena e non parou de crear éxitos. Foi no ano 2019 cando lanzou o seu primeiro tema en solitario “Tu historia y la mía” e con Pole, “Batmóvil”, que foi o seu primeiro gran éxito.
O seu único álbum ata o momento, chámase Hensito. O disco sitúase entre o background dos temas de pop rock de principios de século e a desenvoltura urbana que domina a última década en todo o mundo. O disco ábrese co tema que dá título ao disco “Hensito”, un hit autobiográfico cargado de enerxía e actitude no que aparece o Hens máis descarado e autorreferencial.