Observaciones |
|
|
Os protagonistas deste espectáculo son Isi, Patricia Vázquez e Manuel Manquiña, tres Mestres do humor galego, xunto con Eva Iglesias, debutante sobre os escenarios pero cunha longa traxectoria como colaboradora no programa Land Rober da TVG.
Os catro actuarán por primeira vez xuntos e protagonizarán os catro monólogos máis esperados da temporada. O resultado será un vertixinoso espectáculo de case dúas horas de humor variado, arriscado e entrañable, onde a improvisación, o xogo co público e a ironía xogarán un importante papel.
A formación musical The Funkles será a encargada de abrir e pechar o espectáculo. Esta banda tributo, entregada a The Beatles e aos ritmos funk, soul e jazz, ten creado un universo sonoro e único que sorprende e fascina a todo o que os escoita. |