Observaciones |
|
|
Sen dúbida, Café Quijano ten un dos directos máis espectaculares e sorprendentes que se poden ver sobre un escenario. As súas máis de dúas horas de auténtico espectáculo son unha viaxe trepidante a través de vinte e cinco anos de éxitos que seguen presentes en varias xeracións. O espectáculo non está só no que cantan, senón, tamén, no que contan. As súas cancións son curtametraxes que se entrelazan coa intrahistoria narrada entre canción e canción.
Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española, senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon en medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente, colaborando con artistas da altura de Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero,HerbieHancock, Black Eyed Peas, Joaquín Sabina… |