|LETRAS GALEGAS: Conversas arredor do libro “Os nenos da varíola”
Programa
|LETRAS GALEGAS 2018. Concellería de Cultura
Fecha Inicio
|14/05/2018
Fecha Fin
|14/05/2018
Horario
|10:30
Lugar
|Auditorio
Observaciones
|
Organiza Editorial Galaxia en colaboración coa Delegación do CSIC en Galicia. Os encontros contarán coa presenza de María Solar, autora da novela e Marta López, científica titular do CSIC. Ambas estarán moderadas por Luisa Martínez, membro da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.
María Solar e Marta López dialogarán nestes encontros sobre a vida a principios do século XIX en Galicia, o descubrimento da vacina contra a varíola, o seu fundamento científico e a súa repercusión na poboación. Este diálogo convértese nunha poderosa ferramenta de divulgación científica que achega a ciencia á mocidade a través da lectura.
Dirixida ós alumnos de centros de ensino de Vilagarcía.