|
A Mesa das Verbas organiza esta homenaxe a Xesús Alonso Montero, recoñecido ensaista e xornalista galego que presidiu a Real Academia Galega entre o ano 2013 e o 2017. Autor dunha extensa obra literaria e erudita, foi catedrático de instituto, de escolas de Maxisterio e catedrático de Literatura da Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento versou sobre Curros Enríquez e é experto tamén noutro autores e autoras como Machado ou Rosalía de Castro.
O acto no que a Mesa das Verbas nomeará a Alonso Montero socio de honra, inclúe a celebración dunha conferencia na que o homenaxeado falará sobre a situación e as perspectivas do idioma galego onte (1963) e hoxe (2024).
A homenaxe inclúe a actuación musical de Xosé Manuel Duarte.