Observaciones |
|
|
Douscentos nenos (150 educandos da Escola Municpal de Música e 50 alumnos do Vagalume) particpan no Retablo de Nadal do centro Bernardo del Río.
O espectáculo será algo totalmente diferente ó visto ata o de agora nos festivais de Nadal. A organización non quixo desvelar moitos detalles para non estragar o factor sorpresa, pero adiantou que será espectacular, tanto polos decorados, o número de nenos e nenas que interveñen, os vestiarios e pola propia forma do mesmo, xa que seguirá un único fío argumental para contar unha historia que se desenvolve en Vilagarcía. As panxoliñas terán un protagonismo destacado na parte musical que rematará coa interpretación do tema principal da banda sonora da película de Disney, La Bella y la Bestia.
Aínda que non intervirá todo o alumnado do centro, si que o farán tódalas agrupacións da Escola como a de música moderna, corda, acordeón, Junior Band, percusión e o coro infantil, ademais dos alumnos de 7 anos que este curso rematan o Ciclo de Música e Movemento. |