Observaciones |
|
|
O grupo formouse na cidade de Granada en 2004. Está composto por 7 músicos. A mestizaxe é a súa clave por dobre partida. Pola súa procedencia e polo seu estilo. Tal é como nos demostran coa súa amálgama de sons, onde amosan mestría e destreza musical, con cancións mestizas, que cabalgan entre sons de raíces negras: reggae, ska, funky, jazz... e, sobre todo, de raíces latinas: son, salsa, boogaloo, cumbia, flamenco, tango... O resultado, un auténtico cóctel musical mesturado e fusionado á perfección. Un concerto de Son de Nadie é unha viaxe multi músico-cultural, festiva e feiticeira. Unha fusión “deluxe” que co tempo foron pulindo e definindo, ata conseguir uns matices sonoros moi persoais así como unha filosofía de grupo en perigo de extinción. E é que o son é de ninguén. No seu último disco, Ganas de más, buscaron transmitir o momento actual que vive a banda, onde o seu mollo musical soa como nunca, con composicións redondas que saben a “tropicadelia andaluza”.
O grupo está formado por: Antonio J. Olmo (guitarra e voz principal), Patri García (baixo, frauta e coros), Ezequiel Olmo (percusión latina), José Uribe (batería), Jens Brauckhoff (trombón), Fito Dongarra (piano e sintetizador), Robert Smith (voz), Benvidos á “sonidera” do “caribe andaluz”. |