Observaciones |
|
|
Os actos comezarán ás 11,45 horas, coa recepción de autoridades na Confraría de Santiago Apóstol. Logo, a comitiva se dirixirá cara á Alameda, onde se abrirán os postos de degustación e se procederá á lectura do pregón, este ano a cargo do regatista vilagarcián e medalla de ouro en Pekín 2008, Antón Paz Blanco. De seguido, se entregarán os premios do concurso de cociña e se nomearán os novos cabaleiros e damas da Orde da Ameixa, nun acto presidido pola Gran Mestre da Orde, a conselleira do Mar, Mar Quintana.
Durante a degustación de ameixa –en total están previstas 6.000 racións- haberá actuacións musicais e folclóricas, a cargo dos grupos Malveiras e Xirifeiros.
Os prezos serán populares, mantendo os do ano pasado: ameixas (á mariñeira, con pan e prato decorativo), 8 euros; botella de albariño Maior de Mendoza, 7 euros; refrescos, 1 euro; cataviños, 1,5 euros; pratos, 1,50; e camiseta conmemorativa (unha das novidades deste ano), 5 euros. |