|2,5 € (unha tapa e un viño) 12 € (seis tapas e unha botella de viño)
Observaciones
|
Catorce bares integrados na Asociación de Hostaleiros e Iniciativas Turísticas de Vilagarcía (AHITUVI) participan na feira que se celebrará durante a fin de semana do 28, 29 e 30 de agosto. Os stands estarán abertos entre a unha e as tres da tarde e entre as oito e as once da noite. cada un dos establecementos ofrecerá tres tapas diferentes, unha delas a base de mexillón e outra que debe ser a súa "tapa estrela". A Concellería de Turismo e o Consello Regulador do Mexillón de Galicia colaboran na organización deste evento gastronómico.