Observaciones |
|
|
Un ano máis, as rúas das cidade énchense de poboados meigos nos que distintas asociacións ofrecen viandas e queimada a quen se achega con gañas de pasalo de medo. As 22,30 horas comezará a actuación do grupo Folk Sog, na rúa Elpidio Villaverde (paseo do peirao de pasaxeiros). Logo, ás 23,30 horas haberá un espectáculo pirotécnico, que concluirá coa queima dunha bruxa. Mentres tanto, as queimada comezará a arder e dende as doce será servida para todo aquel que a reclame.
Como vén sendo habitual, tamén haberá concurso de disfraces. Os mellores serán elixidos mediante votación pola web do concello. |