|
Documental dirixido por Palmira Escobar Martos cuxa proxección programa a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía no marco da campaña "Poñamos os coidados no centro" para concienciar sobre a importancia social e económica dos traballos de coidado ás persoas e o elevado grado de feminización que teñen. Proxección coa colaboración do Cine Club Adega.