Observaciones |
|
|
Dende que realiza a súa primeira exposición de pintura aos 13 anos, Marcelino de Santiago Viqueira, Kukas, non deixou de crear empregando as mais diversas técnicas e formas de expresión artística que abranguen dende a pintura ou a fotografía, pasando polas artes gráficas ou a iluminación de pergameos ata as artes escénicas nas que mesmo dirixe, que actúa, que anima monicreques, ou deseña figurinos e escenografías, sen esquecer a súa contribución á literatura coa poesía, narrativa e mais de 30 obras de teatro estreadas, ou a música como gaiteiro.
Nos anos 70 participa na fundación do FOGA (Fato de Ounirismo Galego) que supuxo un revulsivo na arte galega da época. Nos anos 80 é membro fundador do Colectivo Tornillo formado por artistas de diferentes disciplinas. Dende hai máis de 30 anos dirixe Os Monicreques de Kukas, a primeira compañía de teatro de monicreques galega contemporánea coa que ten levado as marionetas galegas dende Compostela ata Brasil, Grecia ou Xapón.
Sobre a súa exposición, que leva por título “Mambrullos”, o propio Kukas escribe: “Cando cativo, vivín nunha Galiza gris que o meu maxín convertía nun paraíso cheo de color cando xogaba cos mambruños, pequenos cartóns cheos de imaxes ... e nas festas e romarías un ronsel de luz e alegría tinguían o gris daqueles tempos converténdoo nun calidoscopio de agarimo e beleza.
Aquel foi un tempo cheo de historias, lendas e contos que se contaban nas longas tardes de inverno ao carón do lar...
Por iso no intre da creación gusto dunha Galiza e unha Arte chea de cor e de historias. |