|
A Francisco sóbranlle os apelidos. Cando un pensa nun artista latino de carácter mediterráneo ineludiblemente xurde a figura de Francisco. E a súa rotunda e potente voz, que lle permite cantar tanto un aria escrita para tenores como unha balada ou un bolero.
‘Latino’ foi precisamente a canción que lanzou a fama a este cantante en 1981 noutro festival, neste caso o da OTI. Os anos 80 foron os anos dourados de Francisco con varios discos que superaron con creces as 100.000 copias vendidas e colaboracións cos máis grandes artistas do momento, como Rocío Jurado, Raphael o Julio Iglesias.
No seu último disco ‘Grandes canciones italianas’ fai versións de clásicos románticos, que en directo combina cos grandes éxitos dos seus trinta anos de exitosa traxectoria.