Observaciones |
|
|
A Asociación de Amas de Casa O Noso Lar, a través do seu grupo de teatro e da súa coral, organiza, en colaboración coa Área de Cultura, unha gala benéfica que terá como destinatarios as persoas máis necesitadas da parroquia de Vilagarcía.
A gala dará comezo coa actuación do grupo de teatro aleccionado O Noso Lar que, Baixo a dirección de Luisa Gundín, presentará a obra “A cada un lle doe o seu”, unha adaptación dun relato de Castelao.
Tras un breve descanso, no que se sorteará unha cesta de Nadal entre os asistentes, actuará o coro O Noso Lar, dirixido por José Álvarez, que presentará un repertorio co elocuente título de “Cancións de todos os tempos”.
As voces da coral estarán nesta ocasión acompañadas por Eduardo Campos e José Luis Patiño ás guitarras, Alfonso Galbán nos teclados e a acordeón, Mero Guillán e David Álvarez tamén coas acordeóns e Teresa da Silva coa percusión.
O recital do coro contará ademáis coa olaboración especial de Trillo e Katerina que acompañarán algunhas das cancións con bailes de salón. |