Observaciones |
|
|
O pintor carrilexo Luís F. Otero expón no auditorio unha mostra do seu imaxinario baixo o título "Pinseladas" e con diversas temáticas e estilos. Na crítica que se inclúe no díptico publicado ao efecto, Miguel Otero di: "A primeira impresión dun cadro de Luis Otero é suficiente para convencerse de que “transmite”, que existe ese vínculo que relaciona obra e autor, denotando esa calidade que recae sobre o ser humano con contagotas, impregnando ao afortunado coa capacidade de achegar á humanidade aquilo que en ocasións cremos intuír pero non logramos tornar intelixible. A obra de Luis Otero trae á realidade un pedaciño do universo esotérico que a humanidade posúe en común, a través da súa paleta particular, onde se mesturan cores que se plasman no lenzo coa decisión non do mestre ou do aprendiz, senón do home que sabe que quere expresar e posúe a capacidade de facelo, con trazo firme e directo, persoal, definitivo, como un poeta que alcanza o límite como ruptura e regresa para darnos testemuño do seu éxtase nos seus cadros, deixando para nós o pracer e a inquietude de remontar o camiño e cruzar a porta que nos deixa aberta". |