Observaciones |
|
|
Lembrando o espírito do antigo Salón Varietés, a serie de concertos pretende achegar ao público, en dous pases, ás 22,30 horas e ás 24,00, músicas minoritarias pero doadas de escoitar e a un volume que non interfira a súa estancia na rúa. É o que os organizadores definen como unha proposta “non invasiva, isto é, permitir facer o que un iría facer a eses locais sen que nada especial houbera”.
As propostas musicais van dende o jazz latino de Pi Graos, o xoves 21, ao gipsy swing de Alo Dyango, o venres 22, pasando polos ritmos do mundo de Xoán Curiel, o xoves 28, para concluír coa bossa nova de Narci Rodríguez Dúo, o venres 29.
Os establecementos que organizan Varietés son Di María, La Bolsa, Doña Tapa, Gotham Rock, La Parra, Áncoras, Coco e Sold Out. A iniciativa conta coa colaboración do Concello e da Asociación de Iniciativas Turísticas, Ahituvi.
|