11:30 – Praza da II República Festaclown – Superroquiños Espectáculo: Betu Pallaso Compañía: Albert Vinyes Unha escolma de números clásicos con sabor propia que se mesturan con mestría neste espectáculo. Pequenos e divertidos números que xa pasaron por moitos escenarios. Rutinas cómicas para pequenas e grandes sempre coa autenticidade como bandeira.
13:30 – Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Santa Plácida de Rubiáns
19:30 – Praza da II República Festaclown - 1ªSesión Espectáculo: A Saúde é o Primeiro Compañía: Artefeito A saúde é o primeiro é unha gala a prol da sanidade pública e dos seus profesionais. Unha gala onde a través do humor facemos homenaxe á súa labor e unha reivindicación da sanidade gratuíta universal en tempo de máxima necesidade.
Coñecidos artistas do panorama cultural galego como Isabel Risco, Pedro Brandariz, o Mago Teto e Fran Rei acompañados do pallaso catalán Albert Vinyes nunha gala tan divertida como emotiva e comprometida.
20:30 - Rúas da cidade Pasacalles Pandereteiras Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa
21:00 – Praza de Galicia Concertos Son da Casa A Doce Vita – Cuarteto Sons de Cine Unha selección das mellores bandas sonoras de tódolos tempos a ritmo de Jazz Débora Silva: voz Rafa Otero: guitarra Pablo Vidal: contrabaixo Noli Torres: batería Sen reserva previa ata completar aforo
22:00 – Praza da II República Festaclown - 2ªSesión Espectáculo: A Saúde é o Primeiro Compañía: Artefeito
23:00 – Parque da Xunqueira CONCERTO Guadi Galego - Inmersión Inmersión é a nova entrega discográfica de Guadi Galego que nos adentra nun universo íntimo, minimalista e arriscado, no que colaboran más de 20 artistas, gravado en 7 linguas, e que supón un salto cara á reconstrucción e reinvención da propia artista.
Once temas xa editados nos seus últimos traballos e un tema inédito que son agora en mundos musicais distintos, en linguas diversas (as 7 linguas da Península Ibérica) e cunha estética totalmente actual e innovadora.