Observaciones |
|
|
A compañía Teatro de Atlántico presenta "E.R.: Algún día traballaremos xuntas" unha comedia protagonizada por catro mulleres ás que dan vida sobre o escenario as actirces Manuela Varela, María Barcala, Luisa Merelas e Susana Dans.
¿Que é "E.R"? Un pequeno acto de amor, un berro de medo, o simplemente unha historia sinxela máis con algunhas sorpresas que deberían atrapar a vostedes, espectadores, sen deixarlles posibilidades de fuxir, a medida que avanza a acción e os acontecementos se complican. Eu amo o teatro. Inexplicablemente. Vostedes tamén, sospeito. Pois ben: Imos dexar soltas a catro mulleres, actrices de profesión. Imos procurar que, polo medio delas,das súas grandezas, e das súas miserias, algo que vai máis aló do teatro lles afecte a vostedes, póñaos, quizais, melancólicos --mais con algunha que outra gargallada polo medio-- e que finalmente poidan sentirse consolados, ¿por qué non? ¿Consolados de qué? ¿E iso que máis ten? Iso é "E.R. ". No fondo pretende dar, primeiro ao autor e logo, aínda que de maneira principal a todos vostedes, un pouco consolo diante do terror do paso do tempo, diante da corrupción das nosas ilusións.... E facelo a través dunha visión apaixonada, pero desencantada, da arte do Teatro. Josep M.Benet i Jornet |