|
A Concellería de Xuventude do Concello organiza unha nova edición da Festa do Voluntariado que este ano leva o título de "Vilagarcía Solidaia no Día Internacional do Voluntariado e no Ano do Envellecemento Activo e da Solidariedade Interxeracional". As organizacións e entidades sociais do municipio darán a coñecer á sociedade a súa actividade e proxectos durante este encontro.
Os stands e as actividades desenvolveranse pola mañá en horario de 10:30 a 15:00 horas e pola tarde de 16:30 a 19:00 horas.
En caso de choiva, os actos trasladaranse á Praza da Peixería.