 Observaciones |
|
|
Vilagarcía acollerá por segundo ano consecutivo a Gala Panorama Contra o Cáncro, un evento musical dos máis multitudinarios que se celebran en Galicia ao longo de todo o ano e no que, ademais da emblemática orquestra galega, actuarán importantes estrelas da canción, tanto a nivel nacional como internacional.
O espectacular cartel da gala compóñeno Davir Bustamante, Mónica Naranjo, Carlos Baute, Cali y el Dandee, Heredeiros da Crus, D Kuba e Efecto Pasillo, Juan Magán, Merche, Pablo Méndez Performances, Manuel Martínez (de Medina Azahara). Todos eles actuarán en solitario e tamén acompañarán á Orquestra Panorama, anfitriona desta gala solidaria.
A cantidade recadada pola venta de produtos de merchandising (como camisetas, CDs e DVDs da orquestra...) durante a gala, así como a totalidade dos custes de xestión pola venta electrónica de entradas a través de servinova serán doados á Asociación española Contra o Cancro. |