Observaciones |
|
|
Concerto de SHIRLEY DAVIS & THE SILVERBAKS na Praza da II República
SHIRLEY DAVIS A británica Shirley Davis chega ao Vilablues máis forte que nunca e xunto a The Silverbacks, tras lanzar o seu segundo disco “Wishes & Wants”. O primeiro traballo gravado no novo estudo de Tucxone Records, que consolida un estilo único xunto a unha artista que non deixa de crecer.
“Este novo traballo beneficiouse da nosa confianza, do noso respecto mutuo e a nosa valoración dos uns aos outros como músicos e intérpretes”, explica Shirley. Shirley Davis & The Silverbacks regresan cun disco moi persoal no que afondaron nos sons, nas melodías e ritmos presentes en “Black Rose” pero dunha forma moito máis consciente, coidando todo o proceso desde a composición ata a gravación, para conseguir unha simbiose perfecta que fixo que o proxecto creza afianzando a esencia única que lles caracteriza. Así mesmo, as letras supoñen outro paso máis na sincronización entre Shirley e o seu proxecto con The Silverbacks. Xunto a Marc Ibarz, letrista e compositor de gran parte delas melodías do disco, afondan no particular universo de Davis. Letras comprometidas coa muller, como “ Woman Dignity”, co momento vital de Shirley, como “Troubles & Trials”, ou que desenvolven o seu mundo interior, como “Nightlife” ou “Wishes& Wants”. “Wishes&Wants” é un disco arriscado, intenso, comprometido e infestado de himnos.
THE SILVERBAKS demostran unha vez máis que están a un nivel altísimo e Shirley Davis deu o mellor de si mesma, deixándose a pel en cada corte para brillar coa luz dunha estrela. Dez cortes que reflicten perfectamente o momento que vive a banda e as súas ganas de superarse. Shirley Davis cumpre 20 anos sobre o escenario e vai ser o ano no que a súa música pasearase por Europa para converterse na gran diva do soul europea que a súa madriña Sharon Jones dixo que estaba destinada a ser. |