|Zona A: 22€; Zona B: 20€ e Zona C: 18€ (+gastos de xestión).
Venta
|Anticipada en ataquilla.com, e de non esgotarse, na billeteira do Auditorio dúas horas antes de cada función.
Observaciones
|
Venres 8 de abril:20:00h. Sábado 9 de abri: 21:00h.
Nacho Carretero e Xosé A. Touriñán levan ao teatro Fariña, unha adaptación da exitosa obra de Carretero sobre a historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século. Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Xosé A. Touriñán, Sergio Zearreta, Marta Lado, César Goldi e Graciela Carlos.
FARIÑA non permite ao espectador acomodarse na butaca. A unha impoñente descarga sucédena conversacións entre mozos e veciños dos pobos falando, comprando, consumindo e manexando con soltura o famoso Winston de batea. O fenómeno xa está en marcha. Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia cun punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar que provoca a reflexión no espectador ao saír do teatro.