 Observaciones |
|
|
Entre leiras e labores” componse polas creacións plásticas e visuais realizadas polas escritoras que participan no libro homónimo, finalista do premio Follas Novas 2022.
Os traballos que se exhiben na mostra son as obras que ilustran o libro, unha antoloxía verbo-visual composta polas creacións de catorce autoras galegas que, baixo a coordinación de Inma Doval Porto, poñen en diálogo a poesía coa banda deseñada, a escultura, a arte téxtil, o colaxe, a pintura, a fotografía e o gravado. Afra Torrado, Ana Pillado, Ánxeles Penas, Begoña Paz, Blanca Silva, Charo Lopes, Clara Martín, Emma Pedreira, Eva Méndez do Roxo, Helena Villar Janeiro, Lorena Conde, Rebeca Baceiredo, Soledad Pite Sanjurjo e Viki Rivadulla son as escritoras que participan no proxecto.
Organiza a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía |