|VILAGARCÍA BLUES FESTIVAL: Spirit of New Orleans Marching Band
Programa
|II Vilagarcía Blues Festival
Fecha Inicio
|29/07/2009
Fecha Fin
|29/07/2009
Horario
|23:00
Lugar
|Avda. de la Marina
Precio
|Entrada libre e de balde
Observaciones
|
Spirit of New Orleans Marching Band son unha das mellores “Brass Bands” dunha cidade na que este tipo de formacións son un sinal de identidade. Formáronse no ano 2002. Os seus compoñentes teñen sido membros da Olimpia Young Band, toda unha institución no que se refire a desfiles de jazz tradicional.Por iso, aínda que todos os seus compoñentes teñen menos de trinta anos, pode decirse que son un veteranos da música. A banda ten ritmo e está chea de músicos que naceron e creceron nesta tradición. O seu repertorio contén a esencia das cancións clásicas da música negra. Según escribiu A.C. Stone en The American Rag, “a música que fan é puro estilo de Nova Orleans. Teñen compartido esceario con lendas como Milton Batiste ou a gran cantante Charmaine Neville, coa que fixeron varias xiras europeas. Spirit of New Orleans Marching Band percorrerán cos seus sons e os seus ritmos as rúas de Vilagarcía dende horas antes do concerto. Posteriormente subirán ao esceario xunto a Joshua Nelson para poñerlle ao Vilagarcía Blues Festival un espectacular e colorista fin de festa.