SERVIZOS SOCIAIS
O programa municipal de conciliación dispón de prazas libres para nenos e nenas de 3 a 8 anos O departamento de Servizos Sociais informa de que aínda quedan prazas libres no Conciliatardes-Tardes coa Infancia, o programa socioeducativo e de apoio á conciliación familiar e profesional que dende hai anos organiza o Concello de Vilagarcía. As familias que teñan crianzas de 3 a 8 anos de idade e desexen acceder ao servizo deben solicitalo formalmente presentando una instancia a través da sede electrónica sede.vilagarcia.gal ou do Rexistro Xeral do Concello.
09.10.2023.- A iniciativa está destinada a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro de 2020, empadroados en Vilagarcía e cuxos proxenitores teñan unha actividade laboral ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial no horario de desenvolvemento do servizo. O Conciliatardes púxose a andar o pasado luns, 2 de outubro, nas dependencias do centro de Formación de Matosinhos. O servizo funciona de luns a venres, en horario de 15.30 a 20.30 horas, podéndose solicitar media xornada ou xornada completa en función das necesidades de cada familia. A entrada realizarase entre as 15:30 e as 16:00 horas, ou ben ás 18:00, en función da opción elixida. Do mesmo xeito, o horario de saída será ás 18:00 horas ou entre as19:30 e as 20.30. O programa remata en xuño, igual que o curso escolar.
Cota subvencionable
A cota xeral do Conciliatardes é de 100 euros mensuais polo horario completo e 50 euros pola media xornada. A este prezo aplicaránselle as correspondentes bonificacións (do 50% e do 100%) en base ao nivel de ingresos de cada unidade familiar, podendo ser de balde para as rendas máis baixas. A maiores, tamén se prevén descontos do 20% por segundo e sucesivos fillos participantes no programa, para familias numerosas ou monoparentais, así como para nais vítimas de violencia de xénero.
O formulario de inscrición e as bases nas que se especifican os requisitos a cumprir e a documentación a presentar xunto coa solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal .