_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello pon en marcha os novos vehículos destinados a mellorar a limpeza viaria do municipio

O Concello de Vilagarcía presentou esta mañá os novos vehículos destinados a mellorar a prestación do servizo de limpeza viaria do municipio. O alcalde, Alberto Varela, xunto con membros do goberno local e responsables da concesionaria Urbaser, pasaron revista ao parque móbil que se comezará a utilizar de xeito inmediato e que consiste en dúas varredoras de aspiración, unha máquina lava beirarrúas, unha cisterna de alta presión, un vehículo auxiliar eléctrico de caixa aberta, un carro de varrido, outro de baldeo manual e un equipo eléctrico para eliminación de chicles. Trátase de equipos novos, que apostan pola eficiencia e a sustentabilidade, e que minimizan tanto a emisión de gases como de ruídos.
23.10.2023.- Cun investimento de 6 millóns de euros que asume a propia Urbaser a través do contrato do servizo de limpeza e recollida de lixo, o alcalde explicou que as máis de vinte máquinas novas que se incorporan ao traballo diario van incidir de forma notable na calidade da prestación e na percepción que terán os veciños sobre a imaxe da cidade. “Sempre cremos que, ademais do capital humano, o novo contrato tiña que dar especial relevancia aos equipamentos para que o servizo puidese mellorar na medida que Vilagarcía o precisa”.

O responsable de Urbaser explicou que os vehículos de maior volume son de combustión, mentres que os pequenos son eléctricos. Entre estes últimos atópanse os destinados a atender ás parroquias, os que se utilizan para desprazar ao persoal ou para trasladar os puntos limpos móbiles. Son vehículos lixeiros que aportarán axilidade ao servizo e, polo tanto, maior eficiencia.

A do parque móbil para a limpeza viaria foi a terceira das presentacións da maquinaria a estrear e que se inclúe nas obrigas adquiridas por Urbaser coa renovación da concesión. Nas semanas anteriores fíxose o mesmo coa maquinaria destinada á limpeza das praias (catro vehículos específicos) e coa que se utilizará para a limpeza de camiños e desbroce de cunetas (tractor con brazo desbrozador, remolque sinalizador, deshidratadora térmica de malas herbas, máquina desherbadora, soprador eléctrico de mochila e desbrozadoras manual e eléctrica de mochila). Tamén se presentaron os distintos modelos dos puntos limpos móbiles que xa están rotando polas zonas urbanas e polas parroquias do rural para facilitar o reciclado entre a poboación.

Tan só queda pendente amosar e poñer nas rúas os novos modelos de contedores para o depósito e recollida dos distintos tipos de residuos urbanos que se xeran na cidade, incluído o marrón para a fracción orgánica, que se levará a cabo nos vindeiros días.

Varela Paz comentou que con estas presentacións preténdese dar conta á cidadanía do contido do contrato da nova concesión, do desenvolvemento do seu grao de execución e das melloras que se irán notando de forma paulatina tanto na limpeza viaria e de praias, como na recollida do lixo e nos índices de reciclado.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -