OBRAS E SERVIZOS
Catro empresas pugnan polo contrato de ensanche e mellora da seguridade viaria da rúa Xiabre Catro empresas concorren ao proceso de licitación da obra coa que se completará a mellora da rúa Xiabre e que conta cun orzamento de 90.0000 euros. A Mesa de Contratación estuda as ofertas co obxectivo de adxudicar o contrato que permitirá ensanchar e mellorar a seguridade viaria no tramo de 760 metros de lonxitude da vía que discorre entre a adega Mayor de Mendoza –onde se iniciou a mellora realizada hai ano e medio- e a intersección coas rúas Caldihuela e García Hermo, en Guillán. Coa execución destes traballos concluirá o acondicionamento da arteria interior que vertebra as comunicacións entre Trabanca Sardiñeira, Guillán, Carril e Bamio.
24.10.2023.- O proxecto prevé ensanchar a calzada de xeito que, rematadas as obras, as zonas más estreitas terán un ancho de 6,6 metros, e as máis amplas acadarán os 8. Isto permitirá contar con carrís dun mínimo de 3 metros para que os automóbiles poidan circular sen risco e tamén contar con espazo seguro polo que camiñar as persoas sen ter que invadir a vía. A ampliación farase aproveitando as franxas de terreos que xa son de titularidade municipal. As obras a realizar inclúen a reposición do firme e asfaltado de todo o tramo. Dado que o ensanche da vía e a mellora do pavimento poden animar aos condutores a circular máis apresa, o proxecto prevé a creación de lombos para o calmado do tráfico, seguindo o modelo do tramo executado hai ano e medio.
A actuación finánciase subvención concedida ao abeiro do Plan de Melloras de Camiños rurais 2023-24 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Á achega de 54.351 euros o Concello suma os 35.668 euros necesarios para completar o orzamento.