_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Concello destinou 18.200 euros á dinamización musical das festas parroquiais e dos barrios no que vai de ano

A colaboración anual que o Concello de Vilagarcía mantén coas distintas comisións veciñais para a organización das festas que se celebran ao cabo do ano en cada parroquia ou lugar do municipio traduciuse no gasto de 18.200 euros no que levamos de 2023. A achega municipal consiste na contratación dos grupos musicais que solicitan as propias comisións para dinamizar os festexos con pasarrúas, concertos ou mesmo coa actuación de corais nas misas cantadas e corre a conta da Concellería de Cultura. Aos 18.200 euros que se levan destinado no que vai de ano a esta colaboración súmanse os 85.400 euros investidos no período de 2019 a 2022.
24.10.2023.- Esta contribución municipal axuda a que as parroquias, barrios e lugares de Vilagarcía poidan seguir mantendo as súas celebracións tradicionais, elemento fundamental para dinamizar as zonas do rural e da periferia urbana e para afianzar o sentimento de comunidade ou veciñanza nunha zona.

Pero ademais, o Concello nutre deste xeito ás formacións folclóricas e musicais do municipio, posto que a Concellería de Cultura centra nos grupos locais estas contratacións. De feito, foron un total de 25 agrupacións folclóricas e de baile, grupos de gaitas e corais os que se beneficiaron desta medida.

35 actuacións da Banda de Música

A maiores e de forma independente a esta liña de axudas, a Concellería de Cultura tamén ofrece ás comisións de festas a actuación da Banda de Música de Vilagarcía a través do convenio de financiamento que o Concello ten asinado con esta formación musical. Para reservar a Banda, Cultura abre a principios de cada ano un prazo no que as comisións interesadas deben solicitar a data que desexan, a efectos de cadrar o calendario e tamén concretar a modalidade de actuación que desexan: concerto, procesión ou pasarrúas. A través deste convenio o Concello dispón cada ano de 35 actuacións para levar a Banda de Músicas ás festas que se reparten por todo o municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -