_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Dezasete vilagarciáns foron contratados por empresas da zona este ano mediante as subvencións do Concello

As Axudas á Contratación que convoca a Concellería de Promoción Económica chegaron este ano a 14 empresas de Vilagarcía e da súa contorna. Grazas a estas subvencións, 17 traballadores do municipio tiveron a posibilidade de acceder a un contrato laboral ou consolidaron o seu posto de traballo, tal como se recolle nas bases da liña de axudas que ten como obxectivo fomentar a creación de emprego por parte da iniciativa privada mediante incentivos económicos da administración local.
28.10.2023.- A contía das axudas varía en función do tipo de contrato, aínda que a maioría, un total de 11, obtivo a suma máxima por persoa, que ascende a 3.000 euros. Entre as empresas subvencionadas están representados diferentes sectores e actividades como automoción, electricidade, cosmética, asesorías, servizos turísticos, informática, consignatarias, saneamentos e fabricación de mobles. A maior parte solicitaron axuda para un único contrato, mentres que houbo unha firma que pediu e obtivo subvención para a contratación de tres empregados e outra para dous.

A deste ano foi a convocatoria que contou cunha mellor acollida por parte das empresas respecto ás edicións anteriores, nas que se rexistrara un número inferior de solicitudes e, consecuentemente, de subvencións aprobadas. A diferenza foi especialmente notable en relación aos dous exercicios anteriores, nos que se subvencionaron 7 e 4 contratos respectivamente. Ata o de agora, a edición de 2020 fora a máis concorrida, con 15 traballadores beneficiados polas axudas á contratación.

A boa resposta das empresas fixo que neste exercicio a concellería que dirixe Álvaro Carou esgotase os 45.000 euros da partida habilitada para esta liña de axudas ao fomento do emprego.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -