_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
O acondicionamento do acceso ao miradoiro da cruz de Xiabre comezará tan pronto mellore o tempo

A mellora da accesibilidade ao miradoiro da cruz de Xiabre iniciarase tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan. Os traballos foron adxudicados á empresa Ecoplanin Xestión e Información Ambiental por importe de 41.128 euros e financiaranse con fondos europeos do plan Next Generation e unha achega municipal. A obra consiste na creación dun sendeiro de pasos nos últimos 320 metros que conducen ata o miradoiro, un terreo que se atopa en moi mal estado debido á forte pendente que presenta e á erosión xerada polas escorrentas de auga, situación que dificultaba en exceso o tránsito das persoas.
30.10.2023.- Os traballos promovidos pola Concellería de Turismo comezarán tan pronto como deixe de chover e o terreo se atope un pouco máis seco e estable. Será entón cando se poida comezar a habilitar un camiño de xabre compactado de 125 centímetros de ancho e que se sustentará con bordos de madeira tratada. Nos puntos de maior pendente a actuación prevé a instalación de escalas de pasos largos, feitos integramente en madeira. Na mellora utilizaranse materiais naturais e técnicas construtivas respectuosas co medio no que se desenvolve, axustándose ao estipulado no manual para camiños naturais editado polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.

Con esta actuación facilitarase a accesibilidade ao miradoiro creado hai un ano e que se ten convertido nun enclave moi concorrido debido ás excelentes panorámicas que se poden admirar dende a plataforma con vistas á desembocadura do Ulla, á illa de Cortegada, á ría de Arousa e aos vales do Salnés e de Caldas. Incluído nas medidas de posta en valor dos recursos naturais e do litoral local como atractivos turísticos, a accesibilidade á cruz de Xiabre complétase cun plan de sinalización viaria para indicar dende o centro urbano o camiño cara este privilexiado miradoiro situado a 400 metros de altitude.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -