_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a mellora das redes de saneamento e reposición do pavimento da rúa Quinteiro de Trabanca Sardiñeira

O Concello de Vilagarcía vén de adxudicar a renovación das redes de saneamento e de pluviais da rúa Quinteiro, en Trabanca Sardiñeira, á empresa Montajes J.M. Iglesias. As obras teñen un custe de 76.010 euros e un prazo de execución de un mes. A actuación inclúese nos traballos de mellora dos servizos básicos municipais que a administración local vai acometendo ao longo de todo o ano atendendo a un plan de prioridades.
03.11.2023.- No caso da rúa Quinteiro, a necesidade de renovar o saneamento vén dada pola antigüidade da instalación, que fai que as canalizacións de fibrocemento rompan con frecuencia. A situación incide tamén no mal estado do pavimento que, debido ás constantes reparacións, atópase moi deteriorado, con fochas que se enchen de auga e dificultan o tránsito de vehículos e peóns.
A obra que se vai acometer consiste en substituír os vellos condutos de residuais por outros novos de PVC que se conectará mediante gravidade coa rede xeral de saneamento que discorre polas proximidades. O proxecto prevé tamén a instalación dun sistema de canalización e recollida das augas pluviais mediante imbornais e canles de drenaxe, que se conectará coa rede específica existente na zona da Rúa da Fonte de Trabanca. Coa dotación deste último servizo preténdese evitar a acumulación de auga na superficie da vía.
Os traballos inclúen a construción de arquetas, pozos de rexistro en formigón e sumidoiros provistos de reixa de fundición. Por último, procederase á acondicionar o firme mediante a formación de pavimento continuo de formigón armado combinado con adoquíns cerámicos.

300 metros da rúa Castro

A da rúa Quinteiro non é a única obra de mellora dos servizos básicos que o Concello executa nos últimos meses en Trabanca Sardiñeira. Hai unhas semanas procedeuse á renovación de 300 metros da rede de saneamento na rúa Castro. Neste caso, os traballos foron realizados por operarios municipais.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -