_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adxudica a Prace a reforma dos vestiarios e da galería da piscina municipal Celestino Brianes

A construtora Prace será a encargada de acometer a reforma dos vestiarios e da galería da fachada sur da piscina municipal Celestino Brianes, traballos que se corresponden co primeiro dos dous lotes nos que se dividiu o proxecto de ampliación e mellora da infraestrutura deportiva situada en Fontecarmoa. A obra contratouse por 497.575 euros, o que supón un aforro de 19.870 euros con respecto ao prezo de licitación. Unha vez presentada a documentación pertinente e asinado o contrato, a adxudicataria disporá de 3 meses para acometer os traballos aos que sucederá a actuación máis ambiciosa, a construción do novo edificio que albergará o segundo vaso. Este lote licitarase posteriormente cun importe de 3,1 millóns de euros.
07.11.2023.- Segundo o proxecto redactado polo arquitecto Jesús San Vicente, as obras que se veñen de adxudicar consistirán en reorganizar os vestiarios masculinos e femininos, optimizando o espazo e renovando por completo as instalacións. Isto permitirá contar con 20 puntos de ducha en lugar dos 8 existentes na actualidade. Ademais, habilitaranse dúas cabinas para cambio de persoas con problemas de mobilidade ou diversidade funcional que precisen de axuda externa.

Xunto á saída dos vestiarios crearase un segundo mesado de lavamáns con secadores de pelo, e a zona das taquillas, que gañará en amplitude, irá conectada coa de lavabos. As cabinas dos inodoros concentraranse nunha zona específica e crearase outra con acceso máis doado dende o vaso da piscina. Por último, nas dependencias de homes colocaranse claraboias motorizadas para paliar o problema de ventilación e falta de iluminación natural.

A maiores das obras descritas, a actuación inclúe un proxecto de interiorismo para cambiar e modernizar a imaxe dos vestiarios mediante os acabados de paredes, solos e teitos utilizando materiais de primeira calidade, resistentes ás condicións de temperatura e humidade e atractivos á vista. Tamén se renovarán as instalacións de fontanaría, iluminación e saneamento.

A remodelación da fachada sur do actual pavillón, construída a modo de galería de vidro, consistirá na construción dunha cuberta con panel de chapa sobre as vigas e piares inclinados existentes. Deste xeito proporcionarase maior protección solar no interior da piscina durante os meses de verán e tamén se amparará da chuvia ao muro cortina. O obxectivo da obra é acabar cos problemas da actual galería, que presenta moitas patoloxías e filtracións de humidades que inflúen negativamente nas condicións de estanquidade e condensación na zona interior onde se empraza o vaso principal. Así, coa reforma proxectada conseguirase elevar os niveis de eficiencia enerxética da piscina municipal.

Tal e como se comentou na presentación do proxecto de ampliación e mellora da piscina Celestino Brianes, a intención do goberno é executar a obra dos vestiarios interferindo o mínimo no funcionamento da instalación deportiva. O Concello manterá a vindeira semana unha reunión a tres bandas cos responsables da empresa adxudicataria e da concesionaria a efectos de organizar o plan de traballo co obxectivo de manter o servizo ou, de ser preciso pechar as instalacións, que sexa os menos días posible.

De igual forma que como xa aconteceu co inicio da reforma integral do pavillón número 1 de Fontecarmoa, o alcalde, Alberto Varela, cumpre o compromiso adquirido no seu día de comezar a executar a ampliación da piscina municipal antes de rematar o ano. Estas dúas grandes obras promovidas polo Concello rondarán os 6 millóns de euros dun investimento que permitirá modernizar as principais infraestruturas deportivas do Concello, axustándoas ás necesidades dunha poboación como a que ten Vilagarcía e tamén aos requirimentos técnicos e de confort que deben reunir este tipo de instalacións para a práctica deportiva e para acoller competicións federadas do máis alto nivel.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -