_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os puntos limpos móbiles repiten semanalmente un circuíto por catorce lugares do municipio

O servizo dos puntos limpos móbiles posto en marcha hai un mes en Vilagarcía repite semanalmente un circuíto con parada en catorce emprazamentos diferentes do municipio. A ruta inclúe zonas do casco urbano e tamén da periferia co obxecto de facilitar que o conxunto da veciñanza poida contribuír a mellorar a xestión dos residuos de forma cómoda e sen ter que desprazarse ás instalacións de Pinar do Rei. Os contedores itinerantes pasan unha xornada completa en cada unha das escalas, dende as 8 da mañá dun día concreto da semana ás 7 da mañá do seguinte, excepto o sábado que se recollen ás 23.00 horas dese mesmo día.
10.09.2023.- O circuíto comeza os luns pola mañá con paradas na rúa do Porto -para dar servizo á veciñanza de Trabanca Badiña e A Torre- e na Praza de Ravella. Os martes os contedores desprázanse ata a Praza da Liberdade, en Carril, e a avenida Rosalía de Castro (fronte ao restaurante Suso). A rúa Florida, nas Carolinas, e a Praza da Constitución son as paradas establecidas para o mércores, mentres que as do xoves fanse no Piñeiriño (na zona peonil onde conflúen as rúas Camilo José Cela e Álvaro Cunqueiro) e na Praza de España. Ao día seguinte, o venres, os puntos limpos paran na Praza Rafael Pazos de Vilaxoán e no Campo da Festa de Sobradelo, mentres que o sábado están presentes nas inmediacións da Praza de Abastos de Vilagarcía (entre as rúas Alexandre Bóveda e Arcebispo Lago) e na avenida Rodrigo de Mendoza, na zona do triángulo peonil habilitado a carón do río. Como o domingo no se presta servizo, o circuíto reiníciase cada luns seguindo a mesma orde.

O calendario e as localizacións exactas dos puntos limpos pódense consultar a través do enlace a google maps:

https://www.google.com/maps/d/u/0/viewer?mid=1p-4qi5Pq2nbpDThlhmlR7J-eMVNy0S4&ll=42.604160711623955%2C-8.744693635073608&z=13

Cartuchos de impresora, cápsulas de café ou pequenos electrodomésticos
Os remolques dos puntos limpos móbiles contan con compartimentos diferenciados e estancos para os catorce tipos diferentes de lixo que se poden depositar neles. Deste xeito garántese a recollida selectiva en orixe dos residuos contaminantes ou cuxos compoñentes son susceptibles de someterse a procesos específicos de reciclado para darlles unha segunda vida ou extraer materias para elaborar outros obxectos.

Os residuos aceptados para desbotar nos puntos limpos móbiles son tóners e cartuchos de impresora, aerosois e envases de pintura, pequenos electrodomésticos, aparellos electrónicos e informáticos, lámpadas e fluorescentes, xoguetes de plásticos duros (non envases), pilas e baterías, roupa e cazado, CDs e DVDs, cápsulas de café, cargadores e auriculares e material de escritura.

Luns (08.00h a 07.00h do día seguinte)
- Rúa do Porto (T. Badiña, A Torre)
- Praza Ravella

Martes (08.00h a 07.00h do día seguinte)
- Carril (Praza da Liberdade)
- Rosalía de Castro

Mércores (08.00h a 07.00h do día seguinte)
- Praza da Constitución
- Carolinas (Rúa Florida)

Xoves (08.00h a 07.00h do día seguinte)
- Praza de España
- Piñeiriño

Venres (08.00h a 07.00h do día seguinte)
- Vilaxóan (Praza Rafael Pazos)
- Sobradelo (Campo da Festa)

Sábado (08.00h a 23.00h)
- Praza Abastos
- Avd. Rodrigo de Mendoza


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -