_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Varela e Avendaño comparten impresións sobre Vilagarcía e abren una liña de colaboración para xerar contidos culturais

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, recibiu esta mañá no Concello a Alberto Avendaño en recoñecemento a súa recente inclusión como membro da Academia Norteamericana de la Lengua Española. Durante o cordial e distendido encontro, o rexedor e o xornalista compartiron impresións sobre Vilagarcía, cidade na que o escritor reside dende hai uns anos, e comprometéronse a colaborar mutuamente para xerar e atraer actividade cultural ao municipio.
10.11.2023.- Varela Paz xa tivo a oportunidade de felicitar a Avendaño o mércores, tras coñecer o seu nomeamento como académico numerario da ANLE, pero quixo facelo tamén persoalmente convidándoo a visitar o Concello, cita á que o vigués acudiu acompañado da súa muller.

No encontro desta mañá, o que foi director da edición en español de The Washington Post explicou que as razóns polas que elixiu Vilagarcía para establecer a súa residencia despois de anos vivindo en Estados Unidos foron a situación estratéxica da cidade, o seu atractivo e dinamismo e a cantidade de servizos dos que dispón. Valorou especialmente a comodidade para desprazarse a pé a calquera punto, dispor de estación de ferrocarril e situarse a carón do mar.
O alcalde interesouse por coñecer os proxectos nos que traballa actualmente Avendaño, tanto no eido periodístico como literario e cultural, ofrecéndolle a colaboración do Concello para desenvolver iniciativas en Vilagarcía, proposta acollida con agrado polo académico.

Entre os xestos de cortesía amosados por ámbalas dúas partes, Varela e Avendaño intercambiáronse agasallos. O alcalde entregou ao xornalista o libro "A Farsa de Carril: Unha Danza de Espadas histórica", obra de Carlos Rey e Cristian Silva editada polo Concello e, en correspondencia, recibiu un exemplar de “Bueno carallo bueno”, con poemas do propio Avendaño e ilustrado coas pinturas de José Freixanes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -