_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Adxudicada a substitución do ascensor do paso soterrado da Escardia por 48.400 euros

A Xunta de Goberno Local acordou na reunión de hoxe adxudicar á firma Schindler o contrato menor para a renovación do ascensor do paso baixo o tendido ferroviario que comunica a zona de A Torre co barrio de A Escardia. Cun investimento de 48.377 euros (IVE incluído), a actuación permitirá mellorar o servizo que utilizan a diario moitos veciños de ámbalas dúas zonas do municipio, así como poñer fin aos problemas que a instalación viña rexistrando, con numerosas avarías debido á antigüidade da maquinaria actual e ás frecuentes filtracións de auga que sufría. A obra ten un prazo de execución de catro meses.
13.11.23.- Os traballos contratados consistirán en substituír o actual elevador e a súa maquinaria por equipos de última tecnoloxía que, ademais de ter mellor rendemento e de aportar maior comodidade e seguridade aos usuarios, tamén son máis resistentes e consumen menos enerxía, en cumprimentos dos criterios de sustentabilidade e de eficiencia enerxética.

Entre as melloras que inclúe o novo equipamento está un sistema de seguridade que, en caso de parada ou de corte do subministro eléctrico, mantén sempre unha reserva de enerxía suficiente para levar o elevador ata o nivel máis próximo e abrir as portas, de xeito que a xente non quede atrapada no seu interior ata que se arranxe a avaría ou volva a electricidade.

Un dos principais problemas que sufre o actual ascensor e principal causa das avarías é a entrada de auga. Para resolver esta situación, o contrato inclúe os traballos de illamento, impermeabilización e saneamento das paredes interiores e do foso, e tamén a colocación dunha viseira na saída ao exterior, na parte superior do elevador, para protexer a instalación da auga da chuvia.

O uso intensivo do ascensor actual, xunto cos anos que levaba instalado e os actos vandálicos, son as causas das frecuentes avarías e do mal funcionamento da instalación. En atención ás demandas da veciñanza das zonas ás que da servizo o equipamento e tamén por garantir a completa accesibilidade, o goberno local optou por levar a cabo a mellora que se financia cos remanentes do orzamento municipal de 2022. A obra non se adxudicou ata o de agora porque houbo que esperar á entrada en vigor do reparto dos remanentes aprobado polo Pleno, acordo que non contou co apoio do grupo municipal do PP.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -