_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello inviste 47.500 euros en mellorar a seguridade viaria de trece camiños do rural

Os investimentos que o Concello destina ao rural municipal continúan nas vindeiras semanas coa execución do “Plan de implantación de redutores de velocidade en viais municipais” adxudicado o luns á firma Microasfalt por importe de 47.474 euros. O programa co que o goberno de Alberto Varela atende as peticións trasladadas por veciños de diferentes lugares ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria nun total de trece rúas e camiños de zonas como Aralde, Sobrán, Carril, Galáns, Trabanca Badiña ou Sobradelo.
15.11.2023.- En concreto, as vías nas que se actuará son a rúa Fontecarmoa, rúa Marxión, rúa dos Anxos (Carril), rúa Veiga de Mar (Vilaxoán), rúas Pedramogueira e Galáns (Galáns), rúa do Xogo (Sobrán), rúas Soutelo e Igrexario (Rubiáns) rúa Figueiras (Trabanca Badiña), rúa Xesteira (Sobradelo) e rúas Aralde e Mestres Trigos e Prazos (Aralde).

Segundo o proxecto redactado polo Enxeñeiro Municipal, os traballos a realizar nestas rúas, dependendo da problemática concreta de cada unha delas e das necesidades das mesmas, consisten na construción de redutores de velocidade do tipo “lombos de asno” e de pasos de peóns sobreelevados. Estas obras van acompañadas da instalación da sinalización horizontal e vertical que corresponda (advertencia de perigo por badén ou paso de peóns, sinalización de situación do paso de peóns e de limitación de velocidade).
Unha circunstancia detectada nalgúns puntos e que engade risco á circulación de vehículos e, en consecuencia, tamén á dos peóns, é a acumulación de auga sobre a calzada. Para eliminar este risco o proxecto tamén prevé a instalación de sumidoiros e conexión á rede de pluviais nos casos onde sexa preciso.
Os traballos teñen un prazo de execución de dous meses, prazo que podería verse ampliado en función das condicións meteorolóxicas, posto que. como se sabe, chovendo e co firme húmido non é posible realizar este tipo de actuacións.

Camiños mellorados polos que circulan máis vehículos

A necesidade de adoptar medidas que contribúan a reducir a velocidade circulatoria nestas rúas do rural ven dada, nalgúns casos, polo incremento do tráfico de vehículos que buscan evitar as vías principais máis saturadas, e noutros, a que as melloras executadas polo Concello nas comunicacións secundarias e terciarias, co asfaltado e ensanche de moitos camiños, fan que os condutores pisen máis o acelerador. En consecuencia, os riscos increméntanse para os peóns, circunstancia sinalada polos habitantes destas zonas no transcurso das reunións que o goberno local mantén periodicamente para coñecer as necesidades da veciñanza de todas as parroquias e lugares do municipio.

Actuacións necesarias e que benefician a moitos cidadáns

Igual que outras actuacións e obras que se programan en función das necesidades e demandas que vai trasladando a veciñanza ao longo do ano e que, polo tanto non están previstas de inicio nos presupostos, o “Plan de implantación de redutores de velocidade en vías municipais” finánciase cos remanentes de 2022. A este respecto, o executivo socialista advirte de que “se trata, en tódolos casos, de investimentos moi necesarios e que benefician a moita xente, polo que censuramos que o PP non votase a favor do reparto do reparto dos remanentes cando os levamos a Pleno”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -